Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Rías Baixas están baixo alerta laranxa con 37 graos e sen brisa atlántica que alivie a calor

As Rías Baixas están baixo alerta laranxa con 37 graos e sen brisa atlántica que alivie a calor

Débese ter coidado nas horas centrais do día e evitar a deshidratación

Os prognósticos apuntan a que esta calor non mermará en toda a fin de semana,

G24.gal 04/07/2026 14:40

Nesta primeira fin de semana de xullo, con moitos turistas instalados xa no litoral sur galego, os concellos das Rías Baixas está alerta laranxa por calor extremo.

Ese alivio térmico que adoita proporcionar o Atlántico nas rías Baixas non se nota estos días en vilas coma esta, en Baiona debido en parte ás temperaturas nocturnas propias doutras latitudes.

Os termómetros chegaron ao mediodía os 37 graos que se sentiron como tal porque o nordés moderado na costa que se traduce en brisa que refersca tampouco se deu este sábado.

A alerta laranxa decretada pola Xunta significa que débese ter coidado nas horas centrais do día e evitar a deshidratación. A imaxe está sendo a dos areais ateigados de xente e a de moitos bañistas espilindo a calor metidos na auga.  

Primeira fin de semana de xullo moi calorosa cos primeiros turistas deixándose ver en praias coma as de Baiona, Santa Marta, a Ladeira ou a barbeira, aos pes do Parador. 

E os prognósticos apuntan a que esta calor non mermará en toda a fin de semana, o que suporá que a alerta laranxa se manterá activa na totalidade do litoral pontevedrés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade