Interceptan tres menores conducindo en Ourense, unha delas de tan só 10 anos
A menor facía prácticas acompañada de seus pais
A Garda Civil pillou outros dous condutores, de 13 e 17 anos, en apenas media hora
En Bande, ademais, os axentes identificaron un condutor, este maior de idade, que tentou fuxir cando ía a case que 160 km/h nun tramo limitado a 70

A Garda Civil interceptou unha nena de 10 anos conducindo. Facía prácticas acompañada de seus pais. Interceptáronos nas inmediacións do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, e non foi a única que colleron manexando un coche.
A Garda Civil pillou outros dous condutores, de 13 e 17 anos, en apenas media hora.
Dende a Garda Civil piden responsabilidade aos pais, aos que se lles imputa ademais un delito de cooperadores necesarios.
En Bande, ademais, os axentes identificaron un condutor, este maior de idade, que tentou fuxir cando ía a case que cento setenta quilómetros por hora nun tramo limitado a setenta.