Circulamos mellor sen semáforos?
Ao non funcionaren, o día da grande apagada, a condución foi moito máis responsable e case non se rexistraron sinistros
Hai varias cidades en distintos puntos de Europa, tamén en España, que decidiron eliminalos hai xa anos e os accidentes baixaron ata nun 80 por cento
Vai facer un século que se instalou o primeiro semáforo en España. Están deseñados para que o tráfico sexa máis fluido e mellorar a seguridade viaria pero durante a grande apagada deixaron de funcionar e non houbo máis sinistros.
A explicación está na psicoloxía. Ao desparecer o elemento que regula o tráfico, a responsabilidade trasládase ao condutor ou o peón. A percepción dun maior risco fai que poñamos todos os sentidos sobre a estrada.
Deberíamos entón eliminar os semáforos das cidades? Hai varias localidades que apostaron por iso. A primeira foi Oudehaske, nos Países Baixos, en 1983. Seguíronlle outras en distintos puntos de Europa.
Aquí en España a pioneira foi Amorebieta, en Biscaia, hai máis de dúas décadas seguida de Pinto, en Madrid.
Os semáforos foron substituídos por rotondas, os pasos elevados e redución de velocidade. Os sinistros reducíronse nun 80 por cento.