Publicador de contidos

Publicador de contidos

Instalan no Xurés sistemas autónomos de detección de incendios forestais

Instalan no Xurés sistemas autónomos de detección de incendios forestais

Teñen catro cámaras e trasladan avisos de lumes graza á intelixencia artificial

É un proxecto piloto de Naturgy que ampliarán ao resto do territorio nacional nos próximos meses

G24.gal 10/07/2023 14:21

A distribuidora eléctrica do grupo Naturgy está instalando nas súas torres de alta tensión uns innovadores sistemas de vixilancia para previr incendios forestais.

É un proxecto piloto que están a probar con moi bos resultados no Xurés. Naturgy escolleu este parque natural da provincia de Ourense polo seu importante valor ecolóxico e polo grande historial de incendios forestais.

Están instalados xa aquí catro sistemas autónomos de detención de incendios forestais que funciona a través da intelixencia artificial. Está previsto que se estenda nos próximos meses no resto de Galicia e no resto de España.

Este dispositivo leva catro cámaras que permiten vixiar 360 graos. Están instalados nas torres de alta tensión a uns 9 metros de altura e a través da intelixencia artificial se detectan fume ou lume trasladan o aviso mediante conexión 4G.

E en canto comproban que si hai un incendio alertan axiña aos servizos de extinción.
Polo momento hai catro sistemas instalados, chegarán aos 25 nos próximos tres meses o que permitirá ter controlada unha área de preto de 500 km cadrados do Xurés.

Para a próximo verán agardan ter operativo este sistema contraincendios no resto do territorio nacional.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade