Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro un home que sufriu uha agresión brutal en Pontevedra

Ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro un home que sufriu uha agresión brutal en Pontevedra

A policía cre a vítima, de 34 anos, foi agredida por varias persoas nos arredores da rúa Michelena

G24.gal 28/07/2022 12:44

A Policía Nacional investiga unha brutal agresión que deixou un home ferido crítico en Pontevedra.

A vítima, de 34 anos, tivo que ser trasladada á unidade de coidados intensivos do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo pola gravidade das súas feridas, onde continúa ingresado.

A policía segue coas pescudas e cre que os agresores foron varios, se ben polo momento non hai ningún detido. Os axentes tamén revisan as cámaras de seguridade da zona, nos arredores da rúa Michelena. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade