Cargando resultados...
Ingresa en prisión o presunto autor do atraco a unha farmacia en Ourense
A Policía Nacional identificouno grazas ás imaxes das cámaras de seguridade
G24.gal
03/02/2022 10:13
Ingresou en prisión o presunto autor dun atraco con arma branca nunha farmacia de Ourense. É un home de 50 anos, veciño da cidade.
A Policía Nacional identificouno grazas ás imaxes das cámaras de seguridade. Preto do lugar do suceso, na zona das Camelias, os axentes atoparon a caixa rexistradora con que marchara e mais o pasamontañas con que intentou ocultar a súa cara e o coitelo con que ameazou a empregada da farmacia. A arma aínda contiña restos de sangue, xa que durante o atraco empurrou en varias ocasións a muller, tirouna ao chan e chegou a provocarlle un corte nun dedo.