Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspendido o partido do COB por unha intoxicación alimentaria

Suspendido o partido do COB por unha intoxicación alimentaria

Tiñan que xogar esta sábado ante o Fuenlabrada

A intoxicación afecta a oito dos dez xogadores desprazados

G24.gal 13/12/2025 14:28 Última actualización 13/12/2025 22:45

O Club Ourense Baloncesto solicitou o aprazamento do encontro desta xornada por unha intoxicación alimentaria e Federación vén de concederlla. Nun comunicado deste mediodía, o club aclara que hai "varios xogadores que amenceron esta mañá indispostos, tendo que desprazarse ao hospital máis próximo para a súa correspondente avaliación médica".

Continúa o comunicado incidindo en que " tras as probas realizadas, os servizos sanitarios confirmaron unha intoxicación alimentaria que afecta a oito dos dez xogadores desprazados a Madrid para disputar o encontro da tarde deste sábado ante o Flexicar Fuenlabrada". E asegura amáis que os facultativos certificaron a imposibilidade de realizar práctica deportiva por parte dos xogadores afectados, quedando todos eles con baixa médica.

Ante esta situación excepcional e totalmente allea á entidade, o Club Ourense Baloncesto contactou co club rival, o Flexicar Fuenlabrada, e coa Federación Española de Baloncesto, co obxectivo de lograr o aprazamento do encontro. Tal aprazamento venlles de ser concedido.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos