Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inditex, o xigante da moda que dá traballo a unhas 12.000 persoas na Coruña

Inditex, o xigante da moda que dá traballo a unhas 12.000 persoas na Coruña

Cunha facturación de 15.000 millóns de euros, a firma téxtil é un dos motores da economía de Galicia

G24.gal 05/01/2026 10:51

O sector téxtil é un dos motores da economía de Galicia, un sector que non deixa de medrar e que ten na Coruña un nome de referencia mundial.

"Seguimos coa mirada posta no futuro, querendo crecer, si, pero non só en tamaño, senón en responsabilidade, en relevancia e en achega de valores", asegura a presidenta de Inditex, Marta Ortega.

Inditex marca o paso na vida social, cultural e económica da cidade, pero tamén serve de impulso para o tecido produtivo da zona.

"Hai moitas empresas que traballan para Inditex, ou que comezan a traballar para Inditex, pero que logo vanse diversificando e independizándose de Inditex de maneira total ou parcial -afirma o director da Cámara de Comercio da Coruña, Manuel Galdo-. Seguen traballando ao mellor parcialmente, pero ou traballan tamén para outras empresas de España ou de fóra de España".

Empresas que chegan a ser referencia en sectores como a madeira.

"Fixéronnos crecer e evolucionar coas súas esixencias grazas ao traballo nos foi dando. E non só crecemos nós, tamén fíxonos colaborar con moitas empresas da contorna que, directa ou indirectamente, tamén traballan para Inditex", afirma Óscar Moar, do grupo Ramón García.

O mesmo sucede nas novas tecnoloxías.

"O sector das TIC está absorbendo máis da metade de toda a produción galega", afirma o director da Cámara de Comercio da Coruña. "A produción galega estase xerando na Coruña e está habendo unha serie de empresas importantes que están comezando a consolidarse e a medrar dun xeito importante".

As novas tecnoloxías están transformando o sector téxtil en Galicia para competir nun mercado global, cambiante e competitivo. Un dos retos para este ano que comeza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade