Aumenta a chegada de barcos lusos ao porto de Vigo
A posición da lonxa como centro de distribución internacional é un dos motivos
Tamén o prezo que o peixe acada en lonxa con produtos de alta calidade
A diferenza está no valor. Mentres que outros portos europeos destacan en volume, o porto de Vigo lidera polo prezo do peixe. Á lonxa chegan especies de alta calidade e valor comercial, o que favorece o prezo final.
Non é o único motivo de que cada vez máis barcos portuguses escollan o porto vigués como centro operativo. Vigo tamén ofrece vantaxas como base loxística.
Lonxe de ser algo puntual, a presenza da frota portuguesa no Berbés repítese con frecuencia. Aquí atopan un enclave estratéxico apoiado por infraestruturas, servizos e unha rede comercial internacional.
Na súa maioría, os barcos lusos que elixen Vigo como centro operativo dedícanse ao peixe espada, unha das especies máis cotizadas do mercado.