Publicador de contidos

Publicador de contidos

Perigos e indignación polas obras da avenida de Portugal en Ourense

Perigos e indignación polas obras da avenida de Portugal en Ourense

A veciñanza sortea perigosos obstáculos a diario, que xa provocaron varias caídas

Os comerciantes da rúa falan de perdas económicas nos seus negocios de preto do 50 por cento

As obras destes días só son de emerxencia o concello de Ourense terá que facer un novo proxecto e outra licitación

G24.gal 22/04/2026 14:04

Buracos, valados, montóns de area, pedras, coches e todo tipo de obstáculos sortean a diario os ourensáns na avenida de Portugal. As obras que o Concello de Ourense retomou hai uns días só son para poñer parches, a remodelación terá que volver saír a licitación. Unha nova que indignou aínda máis os veciños, que falan dunha situación de perigo e de perdas insostibles para os comercios. 

Convidámolos a percorrer un treito da avenida de Portugal acompañando a quen padece cada día unha chea de obstáculos. Xente maior con caxatos e muletas sen beiravías a punto de caer nun oco, persoas con carros de bebés que non teñen por onde pasar, coches en dobre sentido estando prohibido...

Viven situacións de risco e a tensión e a rabia acumúlanse tras máis dun ano sufrindo unhas obras para as que non se albisca fin. Sabe ben do que fala unha das persoas que caeu por culpa do estado pésimo da arteria do barrio do Couto. Varias persoas mancáronse de importancia ao caer.

Un negocio xa tivo que pechar polas perdas que varios comerciantes locais din que chegan ao 50 por cento. A indignación medrou ao coñecer que as obras que retomaron hai uns días son só de emerxencia que o Concello terá que volver facer un novo proxecto despois de que a anterior empresa abandonara por impagos. O Concello segue sen dar resposta e os veciños barallan novas mobilizacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos