As marcas brancas acaparan o mercado español
Nalgún supermercado as vendas destes produtos superan xa o 80 %
A marca branca supón o 45 % das vendas de bens de consumo en España, 5 puntos por riba da media europea
A inflación e a necesidade de aforro convertérona na opción preferida.
"Eu estou comprando bastante marca branca porque é máis barata e a min gústame igual, non noto moita diferenza".
"Non lle poño péga ningunha, ou sexa, non escapo dela", comentan varios consumidores.
En España a marca branca acapara xa o 45 % da cota de mercado e sitúase 5 puntos por riba da media europea. Puidemos vela por primeira vez a finais dos anos 70, e dende entón foi gañando a confianza dos consumidores.
"Xa me afixen e gústanme, son as que máis consumimos".
"Eu de feito consumo moitas marcas brancas, e á parte de que o prezo e moitísimo mellor, o sabor e a calidade tamén, ás veces adoitan ser moito mellores".
Hai consenso no prezo; na calidade, aínda non tanto.
"Non, porque, vaia, eu penso que había que consumir cousas de aquí, de calidade, e penso que a marca branca non é un consumo adecuado".
Dentro do abano de produtos, cadaquén ten os seus brancos preferidos.
"Eu onde máis compro é en iogures e iso".
"Quizais máis alimentación e igual algúns produtos de limpeza tamén".
A estimación é que a marca branca seguirá medrando, e non só por ser máis competitiva en prezo. Estase convertendo en proposta de valor diferenciada, con surtidos premiun, orgánicos, libres de químicos e mesmo con produto local.