Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os aparellos eléctricos con batería de litio teñen máis risco de sufrir unha explosión

Os aparellos eléctricos con batería de litio teñen máis risco de sufrir unha explosión

A explosión de aparellos eléctricos é máis frecuente do que pensamos, os que máis risco teñen son os aparellos que levan unha batería

Hai que vixiar o estado das baterías, cando se sobrecargan o se descargan con facilidade

 

G24.gal 22/04/2026 14:29

Cargaban o patinete no salón da casa cando explotou, eles puideron reaccionar, non coma unha muller da Coruña, a quen a explosión a sorprendeu durante a noite.

 "Eran as catro da mañá cando ecoitamos unha explosión era o patinete", conta unha muller.

Neste vídeo o que estoupa é o móbil mentres carga. Todos coñecemos algún caso ou levamos algún susto.

"Meu irmán tiña un piso alugado e ardeu, os bombeiros dixéronnos que fora por que quedara cargando unha videoconsola enriba do sofá", explica unha muller.

O maior perigo está nos aparellos que levan batería de litio. Para evitar sustos mellor atender os avisos.

"Os síntomas de que a batería non está ben son si se descarga a batería, si se sobrequenta cando cargamos ou se separa a carcasa do chasis", explica Eugenio Gutiérrez que repara móbiles.

Na rúa moitos recoñecen que xa toman precaucións. 

 "Eu só o cargo ata o 85 por cento para que non se vicie", di unha muller.

Das explosións tampouco libran outros electrodomésticos. Vexan como quedou esta lavadora industrial. A recomendación aquí é non sobrecargar os enchufes, de vez en cando revisar os cables e os sistemas de ventilación e, tras usar, desenchufar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade