Publicador de contidos
Publicador de contidos

Indignación en Cangas coa oficina de atención ao público de Naturgy

Indignación en Cangas coa oficina de atención ao público de Naturgy

As ringleiras para reclamar son excesivas e moitos veciños están fartos do trato da compañía enerxética

G24.gal 09/03/2022 14:11

Indignación entre os veciños de Cangas pola pésima atención na oficina do provedor enerxético Naturgy. Longas e lentas ringleiras que teñen que aturar os clientes con tan só como dicías unha persoa da compañía atendendo no interior. 

A maioría vén con reclamacións ou para cambios de tarifa ante a suba dos gastos enerxéticos que non están a ser atendidas en tempo e forma. A situación empeorou na última semana polas vacacións dun dos dous empregados da oficina, o outro declinou atendernos, e as queixas e as reclamacións amoréanse ante a desesperación dos clientes. Esixen un trato digno e solucións urxentes ás súas demandas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar