Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller salva a vida ao espertar e atopar a casa chea de lume en Pontevedra

Unha muller salva a vida ao espertar e atopar a casa chea de lume en Pontevedra

O incendio comezou no cadro eléctrico

G24.gal 19/02/2024 13:43

A rápida actuación dos servizos de emerxencia evitaron un drama este domingo na rúa San Antoniño, en Pontevedra. E todo tamén grazas a que a propietaria espertou a tempo de poder fuxir do fume e das lapas.

Conta Rosa Fandiño que "eran as tres e pico da mañá, eu estaba arriba no meu cuarto, e chegou un ruído. Estaba durmida, pero espertei, e pensei se deixara algo ao lume. Baixei e aquí xa foi terrible, saían as chamas todas por aquí e o meu medo é que pasara aos mobles".

Só ten palabras de agradecemento para os bombeiros, policía e persoal sanitario que acudiron rápido á súa chamada desesperada. O xefe do corpo de Bombeiros de Pontevedra Vicent Ferrería di que "chegamos á vivenda provistos dos equipos autónomos de respiración e a cámara térmica e se observa nada mais entrar que hai un cadro eléctrico que está inflamado na súa totalidade. Neste caso a persoa xa fora evacuada da vivenda. Procedeuse á extinción cun extintor de CO2 porque estaba moi localizado o incendio. O máis laborioso foron as tarefas de ventilación, porque por mor do fume viuse afectada toda a vivenda".

Rosa volveu nacer, pero de momento ninguén lle quita o medo do corpo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade