Cargando resultados...
Unha muller de 60 anos morre no incendio da súa casa en Monte Alto, na Coruña
O lume orixinouse na cociña, por causas que se están a investigar
A vivenda incendiada está no terceiro andar deste edificio
G24.gal
02/08/2025 19:53
Última actualización 03/08/2025 14:04
Unha muller de 60 anos faleceu este sábado no incendio da súa casa na Coruña. O lume orixinouse na cociña da vivenda, por causas que se están a investigar.
Aconteceu no terceiro andar dun edificio situado no barrio de Monte Alto. Eran pouco antes das cinco da tarde. Os bombeiros lograron evacuar a muller, pero non foi posible reanimala.
