Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incáutanse de 227 quilos de ourizos, de 180 de berberecho e dun vehículo en Bergondo

Incáutanse de 227 quilos de ourizos, de 180 de berberecho e dun vehículo en Bergondo

Uns axentes da Garda Civil realizaban inspeccións contra o furtivismo cando detectaron dúas descargas irregulares

Berberechos incautados en Bergondo, A Coruña Berberechos incautados en Bergondo, A Coruña
G24.gal 30/04/2023 13:17

A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza, PACPRONA, da Garda Civil da Coruña en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta incautouse de 227 quilos de ourizos, de 183 quilos de berberecho e dun vehículo na Pasaxe do Pedrido, en Bergondo.

A operación realizouse cando uns efectivos da mencionada patrulla operaban na prevención do furtivismo na zona da ría de Ares-Betanzos. No transcurso do servizo, os axentes observaron a descarga duns caldeiros e sacos con ourizos desde unha embarcación á praia do Pedrido, que introduciron posteriormente na parte posterior dun vehículo e abandonaron con rapidez a zona.

Os gardas civís procederon a darlle o alto ao vehículo, para inspeccionar a mercadoría que transportaba, así como solicitarlle ao condutor a documentación que amparase a extracción e o transporte do produto.

Cando lle requiriron a documentación, o condutor, veciño de Bergondo, manifestou que non dispoñía dela. A Garda Civil procedeu á confección das actas de denuncia pertinentes por supostas infraccións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia e á incautación dos ourizos, cun peso total de 227 quilogramos e mais do vehículo en que os transportaba.

Mentres continuaban o servizo nesa zona, observaron como unhas persoas descargaban berberechos e acudiron a ese punto para comprobar a mercadoría e a súa documentación.

Unha vez no lugar, os gardas civís constataron que carecían da autorización administrativa correspondente para a actividade, polo que procederon á confección das pertinentes actas de denuncia á Lei 11/20008 de Pesca de Galicia e á incautación dos berberechos, cun peso total de 180 quilogramos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade