Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inaugúrase en San Cibrao das Viñas o primeiro aparcadoiro para camións protexido de Galicia

Inaugúrase en San Cibrao das Viñas o primeiro aparcadoiro para camións protexido de Galicia

Conta con 11.000 metros cadrados e un total de 59 prazas concibidas para atender as necesidades dos transportistas en ruta

Ten un sistema de videovixilancia de última xeración, zona de carga para frigoríficos e wifi

O primeiro aparcadoiro destas características en Galicia
G24.gal 10/01/2025 15:17

Acaba de inaugurarse en San Cibrao das Viñas o primeiro aparcadoiro para camións protexido de Galicia. Ten un sistema de videovixilancia de última xeración, zona de carga para frigoríficos e wifi.

É ademais pioneiro en España en estar deseñado con perspectiva de xénero, é dicir, con áreas de descanso separadas para homes e mulleres. Custou medio millón de euros e está cofinanciado pola Xunta e a Deputación de Ourense.

"É necesario ter instalacións seguras para todo o mundo, pero especialmente para as mulleres que teñen esta apaixonante pero perigosa profesión", afirma o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Destaca que é unha infraestrutura moi demandada polos transportistas e que prevén abrir máis aparcadoiros coma este no resto de provincias galegas. 

Os usuarios teñen que rexistrar os seus datos e os do vehículo nunha aplicación. Obterán así un código de acceso ao recinto. Conta con 11.000 metros cadrados e un total de 59 prazas concibidas para atender as necesidades dos transportistas en ruta.

"Era unha necesidade a gritos, porque se damos unha volta polo polígono vemos que as súas rúas están cheas de camións que pasen aquí a noite. Non é seguro nin cómodo", declara José Antonio Rodríguez, presidente da Asociación Empresarial Polígono San Cibrao.

É un dos estacionamentos máis seguros e mellor equipados de Europa. Está certificado coa categoría Ouro. Quixeron mellorar o estándar pensando sobre todo nas condutoras, engadindo un peche perimetral de dous metros de altura e cámaras de videovixilancia en todo o recinto. 

"Ademais dos roubos de mercadorías, tamén está feito para asegurar a seguridade dos profesionais ao volante, que merecen aparcadoiros coma estes en máis lugares", relata Manuel Blanco, xerente dunha empresa de transporte.

Está feito para protexer e promover así a incorporación feminina a un sector aínda moi masculinizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade