Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG reivindica a importancia da educación para que as mulleres vivan "en liberdade"

O PPdeG reivindica a importancia da educación para que as mulleres vivan "en liberdade"

O PPdeG conmemora cun acto en Santiago o 25-N, día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Paula Prado fixo un chamamento a "non confiar nun PSOE e un BNG" que "van a favor da corrupción e en contra das mulleres"

G24.gal 22/11/2025 15:05 Última actualización 22/11/2025 15:28

O PPdeG conmemora o 25-N, día internacional da eliminación da violencia contra a muller, reivindicando a importancia da educación para que as mulleres vivan "en liberdade".

Nun acto en Santiago, a secretaria xeral do Partido Popular de Galicia lamentou que a esquerda "pretenda silencialas" como exemplifican, segundo dixo, os materiais didácticos que enviou aos centros educativos representando un referente cultural, Rosalía de Castro, cunha mordaza.

Paula Prado fixo tamén un chamamento a "non confiar nun PSOE e un BNG" que, segundo as súas palabras, "van a favor da corrupción e en contra das mulleres".

Pola súa banda, a conselleira de Política Social destacou a importancia de sensibilizar e concienciar as mulleres novas de Galicia sobre os riscos que supón nestes momentos utilizar as novas tecnoloxías.

"Que nunca, nunca permitan ser controladas a través das novas tecnoloxías, das redes sociais e principalmente que non permitan ser controladas a través dos seus dispositivos móbiles porque se o consenten o machismo gaña", dixo Fabiola García, conselleira de Política Social.

"Lamentablemente a esquerda galega está boicoteando esa educación pública. Vimos como ultimamente recomendaban unha serie de materiais didácticos cun referente cultural como é Rosalía de Castro que a esquerda puxo calada e submisa. Nós desde o Partido Popular, o lema deste día é totalmente contrario a iso. Nós queremos ser mulleres en liberdade, nin submisas, nin caladas", destacou Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade