Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos I chega só ao Pardo para celebrar nun almorzo privado os 50 anos de monarquía

Xoán Carlos I chega só ao Pardo para celebrar nun almorzo privado os 50 anos de monarquía

Xoán Carlos I foi o primeiro en chegar ao pazo do Pardo tras aterrar en Baraxas e chegou só

O almorzo comezaba ás 14 horas e ao seu remate está previsto que o rei Xoán Carlos I regrese a Abu Dabi

O rei Xoán Carlos I chega en solitario ao pazo do Pardo para participar no almorzo privado familiar. EFE/ Sergio Pérez O rei Xoán Carlos I chega en solitario ao pazo do Pardo para participar no almorzo privado familiar. EFE/ Sergio Pérez
G24.gal 22/11/2025 14:42

O rei Xoán Carlos I foi o primeiro en chegar ao pazo do Pardo para participar no almorzo familiar e privado para celebrar os 50 anos de monarquía. Eran as 13:30 desta tarde.

Tras Xoán Carlos I, que entrou só, foron chegando o resto de convidados, como a raíña Sofía, acompañada da infanta Cristina. Entraron ás 13:45 horas.

A raíña sofia chegando ao Pardo este sábado. Foto: EFE/Sergio Pérez A raíña sofia chegando ao Pardo este sábado. Foto: EFE/Sergio Pérez

Despois chegaron os Reis, Felipe e Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía, ás 14 horas. Por último chegou a infanta Helena.

 

Os reis chegando ao pazo do Pardo, este sábado. Foto: EFE/ Sergio Pérez Os reis chegando ao pazo do Pardo, este sábado. Foto: EFE/ Sergio Pérez

Este almorzo privado reúne medio cento de membros da familia; ademais dos netos de Xóan Carlos I e Sofía, tamén participan a raíña Ana María de Grecia, o príncipe herdeiro Paulo e a súa muller Marie-Chantal.

Neste encontro privado vaise encontrar a familia ao completo por primeira vez tras a publicación das memorias de don Xoán Carlos. Tamén é a primeira vez que se reúne á familia ao completo nos últimos dous anos. A última vez  fora cando a princesa Leonor cumpriu a maioría de idade.

O rei Xoán Carlos foi o grande ausente nos actos institucionais celebrados este venres para conmemorar os 50 anos de monarquía.

A familia real saúdando a súa chegada ao Pardo. Foto: EFE/ Sergio Pérez A familia real saúdando a súa chegada ao Pardo. Foto: EFE/ Sergio Pérez
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade