Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia aposta polas técnicas industrializadas para axilizar a construción de vivenda

Galicia aposta polas técnicas industrializadas para axilizar a construción de vivenda

O presidente da Xunta aposta por aplicar técnicas industrializadas á construción, un proceso que permite axilizar plazos "sin diminuir a calidade"

G24.gal 12/03/2026 13:54

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca a aposta de Galicia pola construción industrializada para dar resposta á falta de vivenda, xa que permite, apunta, paliar a falta de man de obra e reducir os prazos. O xefe do Goberno galego participou este xoves no encontro 'GaliBuild Meeting', que reúne en Santiago expertos de toda España na materia.

A construción por módulos non só reduce á metade o tempo de facer un edificio, senón que mellora a calidade de vida dos traballadores e contamina menos, porque se usa moito material reciclado e porque evitan derrubas futuras, segundo explica o arquitecto Joan Roig, cuxo estudo está facendo os novos edificios de Inditex en Arteixo. Roig apuntou tamén que depende menos das condicións meteorolóxicas ao construir os módulos en naves e non no lugar do edificio.

Na inauguración deste encontro o presidente do Clúster Galicia Constrúe, Diego Vázquez Reino, reivindicou o modelo galego, que combina "calidade, deseño e respecto polo territorio", e destacou que a comunidade é unha potencia en sectores como a pedra, a madeira e o alumnio. Diego Vázquez Reino tamén celebrou a colaboración coa Xunta para facilitar o acceso á vivenda.

Alfonso Rueda asegurou na súa intevención que "Galicia constrúe, e constrúe moi ben", e asegurou que a Xunta vai apostar técnicas industrializadas. "Gustaríame pensar que nisto tamén somo pioneiros", remarcou o presidente, que explicou que este ano licitarán 392 viviendas de promoción pública mediante técnicas industrializadas cun investimento de 74,4 millones de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade