Publicador de contidos

Publicador de contidos

A condena ao fiscal xeral segue a xerar reaccións de profunda división no arco político

A condena ao fiscal xeral segue a xerar reaccións de profunda división no arco político

O socialista Óscar López di que ningunha sentenza os vai facer calar sobre o que ocorre en Madrid

Yolanda Díaz asegura que un sector do Poder Xudicial "quere facer" que caia o Goberno

Desde o PP, Carmen Fúnez sostén que o Goberno ataca o Estado de Dereito sementando as sospeitas

G24.gal 22/11/2025 15:17 Última actualización 22/11/2025 20:44

O ditame condenatorio do Tribunal Supremo afonda as diferenzas entre forzas políticas do arco parlamentario. Desde o PSOE, o ministro e líder do partido en Madrid, Óscar López, sinala que acatar a sentenza non implica calar ante o que fai Ayuso.

 "Ningunha sentenza xudicial, por inxusta que sexa, vai tapar a verdade do que está pasando na Comunidade de Madrid. Unha cousa é acatar e outra cousa é calar e ninguén nos vai calar en denunciar os chanchullos de Ayuso", proclamou Óscar López nun mitin.

Para a vicepresidenta do executivo, Yolanda Díaz, a condena sen sentenza supón un "punto de inflexión" do poder xudicial na súa politización.

"O Fiscal Xeral do Estado é inocente e foi condenado inxustamente. O que pasou supón un xigantesco descrédito para o poder xudicial, que hoxe está máis fracturado ca nunca", sinala concluínte Yolanda Díaz.

Desde o Partido Polpular, Carmen Fúnez, sostén que o PSOE está a atacar o Estado de dereito nunha semana marcada non só pola condena do Fiscal xeral, senón tamén por Leire Díaz e Santos Cerdán.

 "Que ante un ditame do Tribunal Supremo a resposta do Goberno sexa sementar sospeitas, atacar e sinalar os xuíces porque supostamente -eles din- están facendo política e presentar o condenado como vítima é un ataque ao Estado de dereito".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade