A conselleira de Igualdade comparece no Parlamento a unha semana do 25N
Fabiola García fará balance na Cámara da loita contra a violencia de xénero
No que levamos de ano, dúas mulleres foron asasinadas en Galicia vítimas da violencia machista
Poden seguir a intervención da conselleira a través de G24.gal
Arquivo/Europa Press
Ás dez desta maña reiníciase o pleno no Parlamento Galego coa comparecencia, á petición propia, da conselleira de Política Social e Igualdade Fabiola García. Faino para informar sobre o avance na igualdade e na loita contra a violencia de xénero na nosa comunidade autónoma.
A intervención da conselleira prodúcese a unha semana do 25N, o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
No que levamos de ano, 38 mulleres foron asasinadas en España vítimas da violencia machista, segundo datos do Miniserio de Igualdade. Dous dos crimes producíronse en Galicia.
O primeiro deles rexistrouse en abril no concello ourensán do Bolo. Unha muller de 76 anos foi asasinada a mans do seu home na localidade das Ermidas. A falecida non estaba inscrita no sistema de protección VioGén. Tampouco constaban denuncias previas por violencia machista.
O segundo dos crimes tivo lugar en xuño na cidade da Coruña. A vítima, unha muller de 49 anos acoitelado pola súa exparella.
A vítima estaba incorporada no sistema VioGén por unha agresión física rexistrada en setembro de 2024. Contra o agresor había unha orde de afastamento que aínda non fora executada.