Cargando resultados...
Medio século do día en que volveu a monarquía e comezou o camiño cara á democracia
O plan para restaurar a Coroa arrancara en 1948 cunha xuntanza entre Franco e don Xoán de Borbón, monarca no exilio, a bordo do Azor
Xoán Carlos I quedou proclamado rei en 1975, tras a morte do ditador
G24.gal
22/11/2025 15:30
Última actualización 21/11/2025 21:40
Van 50 anos dende a proclamación do rei Xoán Carlos I. Dende aquel 22 de novembro de 1975, o seu papel foi determinante nos enormes cambios que de súpeto comezaba a vivir España.
Compría abrir as portas da democracia, e tamén as portas de Europa.
Coas súas luces e as súas sombras, a monarquía parlamentaria alcanzou xa o medio século.