Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei apela ao diálogo e á reconciliación como na Transición en lugar de expresar o desacordo con crispación

O rei apela ao diálogo e á reconciliación como na Transición en lugar de expresar o desacordo con crispación

O monarca recoñece que, aínda que a Transición non foi perfecta, priorizou a reconciliación, a estabilidade e o ben común e foi un "xesto político revolucionario"

Filipe VI impúxolle o Toisón de Ouro á raíña Sofía e destacou o apoio que brindou ao rei emérito na aposta democrática

directo EFE/JJ Guillén
G24.gal 21/11/2025 11:31

O rei Filipe VI animou este venres a mirar cara a Transición nun momento en que "o desacordo se expresa con crispación". Segundo o monarca, aínda que "non foi perfecta", soubo priorizar a reconciliación e o ben común e na que os seus protagonistas apostaron por "o respecto fronte ao desprezo e a procura do acordo fronte á imposición".

Foi no acto institucional organizado no Palacio Real co gallo dos 50 anos da restauración da monarquía, no que impuxo o Toisón de Ouro á Raíña Sofía, ao expresidente do Goberno, Felipe González, e aos pais da Constitución: Miquel Roca e Miguel Herrero de Miñones.

"A Transición non foi perfecta, pero valorala só polo que omitiu sería inxusto"

No seu discurso durante a imposición da máxima condecoración que outorga a monarquía española, o rei Filipe VI recoñeceu que a Transición "non foi perfecta", pero valorala só polo que omitiu sería inxusto".

"Nas circunstancias do momento, fíxose o correcto: priorizouse a reconciliación, a estabilidade e a creación dun marco común, tan necesario" como foi a Constitución de 1978, a instauración da monarquía parlamentaria e a creación de "un sistema democrático plural e estable".

"En tempos nos que o desacordo se expresa con crispación", sostivo Filipe VI en presenza tanto do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como do líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, "mirar cara a ese período pode servirnos, non para idealizalo, senón para lembrar o seu método: a palabra fronte ao berro, o respecto fronte ao desprezo, a procura do acordo fronte á imposición".

No acto, o monarca estivo acompañado pola raíña Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

Felipe González apela á "paz civil" para soluconar os problemas dos españois: "Non é certo que teñamos un problema con España"

O expresidente, Felipe González, recibiu este venres o colar da insigne orde do Toisón de Ouro de mans do rei Felipe no Palacio Real, pola súa "dedicación e entrega ao servizo de España e da Coroa.

No seu discurso tras recibir o Toisón, sostivo: "Non é certo que teñamos un problema con España como tal senón que o tivemos entre nós", dixo. Os problemas dos españois "só teñen unha solución aceptable se se afirma a paz civil como valor supremo" e o  labor máis importante dos españois é preservar esta paz civil "custe o que custe".

Miguel Herrero e Rodríguez de Miñón agradeceron o recoñecemento outorgado polo monarca e insistiron en que o conseguido na Transición foi unha tarefa colectiva. Rodríguez de MIñón eloxiou a Coroa, capaz de "facer de todos, aínda diferentes e distintos, conservando a súa propia identidade, un só corpo político: España" e reivindicou unha monarquía "plenamente democrática" cunhas eleccións "periódicas limpas que fan presente ao pobo e actualizan e dignifican a democracia".

Pola súa banda, Roca lembrou como a Coroa e o pobo se asociaron parea establecer as bases institucionais e constitucionais.

"Non foi fácil, pero puido máis a vontade de facelo posible que acomodarnos. Unha expresión de liberdade e fixemos desta unha Constitución", recalcou Roca, que sinalou como na Transición fíxose "da palabra a vía do acordo".

Un centenar de invitados acudiron ao primeiro acto institucional, que se celebrou este venres no Palacio Real presidido polos reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía, ao que asistiu o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a presidenta do Congreso, Francina Armengol; o presidente do Senado, Pedro Rollán; o presidente do Tribunal Constitucional, Cándido Conde-Pumpido; e a presidenta do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Isabel Perelló.

Ao acto tamén asistiron representantes do Goberno e os presidentes autonómicos de Galicia, Cataluña, Andalucía, Cantabria, Asturias, Murcia, Castela-A Mancha, Canarias, Aragón, Baleares, Castela e León, Ceuta e Melilla e, en substitución da presidenta de Navarra, a conselleira de Interior do Goberno foral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade