Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Constitucional rexeita os recursos de catro comunidades contra a amnistía

O Constitucional rexeita os recursos de catro comunidades contra a amnistía

O TC reitera o aval que xa lle dera á lei de amnistía ante o recurso presentado polo PP e as cuestións prexudiciais presentadas polo Tribunal Supremo e o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña

G24.gal 21/11/2025 12:43

O Pleno do Tribunal Constitucional (TC) desestimou os recursos da Rexión de Murcia, Andalucía, Comunidade Valenciana e Castela e León contra a lei de amnistía a implicados no proceso de independencia de Cataluña.

Así o acorda o TC nunhas sentenzas en que explica que desestima "por perda sobrevida de obxecto" -ao resolver xa esta mesma cuestión en resolucións anteriores- os recursos de inconstitucionalidade presentados polos consellos de Goberno de Murcia e Andalucía, o Consell da Generalitat Valenciana e a Xunta de Castela e León.

Desta forma o TC reitera o aval á amnistía que deu nas sentenzas nas que rexeitou o recurso do PP e as cuestións de inconstitucionalidade que elevou o Tribunal Supremo e o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.

Nas sentenzas comunicadas este venres o TC remítese á doutrina xa establecida nas súas resolucións anteriores sobre a lei de amnistía e mantén ademais que a mesma non establece a suspensión de dereito fundamental algún.

Engade que "tampouco considera infrinxidos os artigos 94 e 96 da Constitución española na hipótese, que non corresponde axuizar ao TC, de que a lei de amnistía vulnere o dereito da Unión Europea".

Estas sentenzas contan cos votos particulares de catro maxistrados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade