Cargando resultados...
Ilusión no obradoirismo polo triunfo en Lugo e o gran regreso de Mendoza
Mendoza xogou catorce minutos e asinou once puntos, con cinco tiros de campo anotados
G24.gal
25/12/2023 13:02
Última actualización 25/12/2023 13:12
Monbus Obradoiro e Rio Breogán despedirán o ano xogando. No Sar os focos apuntarán este venres a Rigoberto Mendoza. O escolta dominicano volveu a vestir a indumentaria obradoirista despois de tres meses de ausencia.
O dominicano creou unha enorme expectación entre os afeccionados antes da visita do Murcia. Mendoza xogou catorce minutos e asinou once puntos. Con cinco tiros de campo anotados.
"Estou sen molestias, levo adestrándome dúas semanas e síntome moi ben".
Dalgún xeito é unha fichaxe para Moncho Fernández.
"Fáltanlle automatismos pero facer 5 de 5 é para estar contentos".
Mendoza achega dinamismo e velocidade en ataque.