Cargando resultados...
Ilusión e caras de sorpresa neste Día de Reis
G24.gal
06/01/2026 10:03
Con moita ilusión e caras de sorpresa espertaban esta mañá ben cedo moitos nenos e nenas. Case non durmiron cos nervios porque os Reis Magos pasaron polas súas casas.
As caras de sorpresa e os berros de ledicia son a imaxes deste día de Reis.
Tempo está frío na rúa pero, en liñas xerais, o seis de xaneiro é tempo de desexos cumpridos, de montar xoguetes e de buscar os nosos nomes nos paquetes.
Os mais pequenos aproveitan a xornada solleira para ir a rúa e probar os patíns e as bicicletas que hoxe atoparon baixo a árbore. Desexos cumpridos tamén para os maiores.
Os 3 Reis Magos viñeron cargados e tocou estrear nun día solleiro pero frío.