Cargando resultados...
Identificado o presunto autor dunha agresión no barrio lugués da Milagrosa
A vítima dos feitos tivo que ser trasladada ao HULA

Félix Aragunde
18/04/2024 14:16
A policía identificou o presunto autor dunha malleira a un home nunha lavandería do barrio lugués da Milagrosa. Ao parecer, ambos os dous encontrábanse en estado de embriaguez, comezaron a discutir na rúa e un deles buscou refuxio nun local.
Daquela, o suposto agresor entrou tamén no negocio e atacouno ata deixalo tirado no chan. Como resultado dos golpes que levou, a vítima tivo que ser trasladada ao hospital Lucus Augusti.
O altercado mobilizou varias patrullas policiais, que estiveron a traballar no esclarecemento destes feitos.