Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un porteiro de discoteca apuñala de morte a un home nunha zona de festa de Salamanca

Un porteiro de discoteca apuñala de morte a un home nunha zona de festa de Salamanca

O home faleceu esta mesma madrugada no hospital, segundo indicaron as fontes policiais, tras unha agresión da que polo momento non se coñecen máis detalles
 

Lugar do suceso (EFE/J.M. García) Lugar do suceso (EFE/J.M. García)
G24.gal 16/07/2025 08:12

Un home de 42 anos de orixe senegalesa morreu ao ser apuñalado no peito esta madrugada na rúa Bordadores de Salamanca, nunha zona de festa, segundo informaron fontes policiais.

O suposto autor, según a subdelegación do Goberno, é un porteiro de discoteca de orixe brasileira.

O centro de emerxencias 112 recibiu un aviso polo apuñalamento dun home de 35 anos sobre as 04:30 horas, á altura do número 15 desa rúa, tras o cal foi trasladado ao Hospital de Salamanca, segundo indicaron fontes do servizo.

O home faleceu esta mesma madrugada no hospital, segundo indicaron as fontes policiais, tras unha agresión da que polo momento non se coñecen máis detalles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade