Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan varias persoas encapuchadas que asaltaron un nonaxenario na súa casa de Vigo

Buscan varias persoas encapuchadas que asaltaron un nonaxenario na súa casa de Vigo

Os autores entraron na vivenda o martes de madrugada e, tras atar a vítima, perpetraron o roubo

O ancián tivo que recibir asistencia hospitalaria

G24.gal 16/07/2025 10:08

Varias persoas encapuchadas asaltaron en Vigo este martes de madrugada a casa dun nonaxenario, que tivo que ser trasladado ao hospital polas lesións sufridas.

Segundo fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron cando o home se atopaba só na vivenda; nese momento, os ladróns aproveitaron para acceder, atalo e cometer o roubo con violencia.

Todo ocorrería na zona de Coruxo, polo que os axentes xa investigan os feitos, consistentes nun roubo con violencia. A vítima tivo que ser trasladada ao hospital debido ás lesións sufridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade