Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban por terceira vez nun bar da zona vella da Coruña

Rouban por terceira vez nun bar da zona vella da Coruña

Os ladróns entraron de madrugada, tras romper o cristal da porta do local

Nos últimos meses entraron roubar en varios establecementos de hostalería da zona, próxima a María Pita

A Policía busca o autor ou autores do asalto, que foi de noite, cando o bar estaba pechado

G24.gal 27/08/2025 12:54

Rouban por terceira vez nun bar da zona próxima á praza de María Pita, na Coruña. A Policía busca os autores do asalto, que foi, ao parecer, de madrugada, cando o local estaba pechado.

Romperon o cristal da porta do bar de madrugada, cando estaba pechado, e entraron no local. É a terceira vez que asaltan este establecemento. Pero non é o único bar onde entraron os ladróns. No bar do lado, tamén na praza de Santo Agostiño, roubaron varias veces xa.

Veciños e hostaleiros da zona, na cidade vella, a carón do mercado de Santo Agostiño, preto da praza de María Pita, consideran que o lugar non é especialmente conflitivo. Si que recoñecen que hai máis movemento durante as mañás pero, en xeral, non din sentirse inseguros.

Buscan o ladrón ou ladróns que entraron no local nas últimas horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade