Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o condutor que atropelou seis persoas no centro da Coruña

Detido o condutor que atropelou seis persoas no centro da Coruña

Levou por diante as vítimas cando cruzaban correctamente por un paso de peóns situado na rúa Juana de Vega

Os feridos, unha delas de catro anos, foron trasladados ao hospital, tres deles en estado grave

Ambulancias no lugar onde tivo lugar o atropelo múltiple (EFE/ Moncho Fuentes)
G24.gal 27/08/2025 12:39 Última actualización 27/08/2025 15:05

Seis persoas quedaron feridas nun atropelo múltiple en pleno centro da Coruña, nun paso de peóns con semáforo situado na rúa Juana de Vega, á altura da praza de Mina.

O turismo levou por diante os peóns cando cruzaban correctamente, co semáforo en verde. O condutor do vehículo foi detido, segundo informaron fontes municipais. Non se detivo ata que un dos atropelados acabou enriba do capó do coche. 

Ata o lugar acudiron a Policía Local e o 061, que trasladou a maioría dos feridos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).  Cinco foron conducidas ao Servizo de Urxencias del Chuac e unha nena de catro anos ao Materno Infantil.

Segundo o parte médico, tres adultos -dúas mulleres e un home- están en estado grave. Os outros dous presentan prognóstico leve.

Estanse practicando as dilixencias correspondentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade