Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vítima mortal do accidente de Ponte Caldelas será soterrada este luns

A vítima mortal do accidente de Ponte Caldelas será soterrada este luns

O copiloto segue moi grave no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

G24.gal 08/06/2026 13:31

Conmoción en Ponte Caldelas e Soutomaior tras o falecemento dun veciño desta segunda  localidade de 29 anos esta fin de semana nun accidente de tráfico.

O vehículo espetouse contra un carballo despois de saír da vía na PO-244. No vehículo tamén viaxaba un copiloto que está moi grave no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

As marcas do impacto aínda se perciben no carballo en que bateu o vehículo tras unha saída de vía ná altura do quilómetro sete da PO-244. Segundo algunhas informacións o falecido saíu despedido do vehículo e podería non levar o cinto. De non ser pola árbore, o coche precipitaríase polo noiro.

Os veciños tamén falan dun posible exceso de velocidade. Na zona abondan os animais: corzos e xabaríns.

No concello de Soutomaior onde residía o falecido e o copiloto a conmoción é total. O alcalde Manuel Lourenzo lamenta o accidente e fai un chamamento a que os mozos extremen as medidas de seguridade viaria.

O rexedor tamén pide respeto para as familias. O ferido permanece moi grave no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Marcos González de 29 anos será soterrado ás catro desta tarde noutro concello da provincia despois de dous días de velación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade