Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo de 29 anos morre tras bater contra unha árbore en Ponte Caldelas

Un mozo de 29 anos morre tras bater contra unha árbore en Ponte Caldelas

A vítima mortal é un veciño de Soutomaior moi coñecido na zona por dedicarse a cortar madeira

O seu acompañante foi evacuado ata o hospital

Ningún dos dous levaba posto o cinto de seguridade 

Imaxe cedida polos Bombeiros do Morrazo
G24.gal 07/06/2026 09:10 Última actualización 07/06/2026 13:00

Un mozo de 29 anos e veciño de Soutomaior faleceu tras bater contra unha árbore nunha saída de vía en Ponte Caldelas. O seu acompañante quedou ferido e foi trasladado ao hospital. Ningún dos dous levaba posto o cinto de seguridade. 

O accidente aconteceu arredor das 23:20 horas do sábado. Segundo a información do112 Galicia, o turismo batera contra unha árbore e caera por un pequeno terraplén, no quilómetro 7 da PO-244, dirección Soutomaior.

Os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico.

Non foi preciso liberar os implicados. Porén, un deles, o condutor do coche, faleceu logo do accidente, sen que nada se puidese facer por evitar o falecemento. 

Durante a mañá deste domingo retirouse o coche do terraplén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade