Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pechan un tramo da A-55 en Tui para arranxar un noiro

Pechan un tramo da A-55 en Tui para arranxar un noiro

O treito cortado é duns 2 quilómetros ata a fronteira lusa

O carril sentido Vigo será bidireccional durante os 2 meses que duren as obras

Tramo da A-55 que vai ser cortado a tráfico durante as obras no noiro
G24.gal 18/04/2023 14:43

As imaxes da Semana Santa están na mente de todos: milleiros de usuarios da A-55 tiveron que soportar retencións durante horas a poucos quilómetros da fronteira. O culpable, un noiro que se desprendeu durante as choivas do inverno. Daquela cortouse un dos carrís. Agora vanse cortar os dous porque empezan as obras de estabilización.

Durante os traballos vaise desviar o tráfico cara á calzada de sentido Vigo, que quedará durante un tramo bidireccional, un estreitamento en ambos os dous sentidos que vai complicar e moito a circulación durante os dous meses que está previsto que dure a obra. O tráfico complicarase tamén no centro de Tui.

Despois do ocorrido durante os festivos de Semana Santa, preocupan agora sobre todo os mércores.

Preocupación tamén entre os traballadores transfronteirizos. Moitos atallan xa pola ponte vella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade