Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sargadelos terá un consello asesor para asistir a Segismundo García na xestión

Sargadelos terá un consello asesor para asistir a Segismundo García na xestión

Estará integrado por Iván Marrube Rodríguez, que se vai centrar na organización interna e Esteban Orive García, na área de comercialización

G24.gal 04/04/2026 18:13

O grupo empresarial Sargadelos sumará á súa estrutura interna un consello asesor para que apoie e asista ao administrador único, Segismundo García, nas tarefas de xestión e toma de decisións, tras as dúas crises vividas o ano pasado.

O consello estará integrado por Iván Marrube Rodríguez e Esteban Orive García, que asumirán funcións específicas dentro deste novo órgano consultivo, informou a empresa este sábado.

Marrube centrarase na organización interna e a implantación de novos modelos de goberno corporativo, mentres que Orive dedicarase á área de comercialización e ao impulso ao desenvolvemento do negocio.

A noticia chega un ano despois de que, o 2 de abril de 2025, García comunicase o peche da fábrica de Cervo tras varias actuacións da Inspección de Traballo, que finalmente non chegou a concretarse.

Despois, en novembro, a empresa aplicou un ERTE ao seu persoal —que se levantou antes do previsto— e García presentou a súa dimisión como conselleiro delegado, aínda que continúa á fronte como administrador único.

A cerámica de Sargadelos é unha empresa especial para Galicia pola historia e o legado cultural que representa, alén de ser unha embaixadora salientable da marca de calidade que proxecta a comunidade no exterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade