Cargando resultados...
A ocupación nas Rías Baixas supera o 85 % e Vigo rolda o cheo total
O turismo interno usa o bono da Xunta
G24.gal
05/12/2021 14:11
A ponte festiva está enchendo moitos establecementos hoteleiros de Galicia. Os de Sanxenxo están ao 85 %, un 10 % menos ca o ano pasado. O mal tempo e o incremento dos contaxios poden ser as causas.
Hai visitantes de fóra e tamén da comunidade, que aproveitan as datas festivas para empregar o bono turístico.
As localidades costeiras das Rías Baixas son as que teñen mellores datos. Porén, o gran reclamo desta ponte é a cidade de Vigo con rexistros que roldan o 98 % de ocupación, algo que se nota tamén nas rúas e nos comercios.