Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hoteis de Barcelona retan os viaxeiros a ducharse en catro minutos

Hoteis de Barcelona retan os viaxeiros a ducharse en catro minutos

Poñen nos baños carteis informativos e reloxos de area

A OMS di que a ducha debe durar menos de cinco minutos, e que só un de cada dez españois cumpre con ese tempo

G24.gal 27/04/2023 21:04 Última actualización 27/04/2023 21:28

Para concienciar sobre o aforro de auga xa hai hoteis en Barcelona que lanzan un reto aos seus clientes: ducharse en catro minutos, para o que instalan un cartel informativo e reloxos de area nos baños. 

A Organización Mundial da Saúde di que a ducha debe durar menos de cinco minutos. Só un de cada dez españois cumpre con ese deber dunha ducha curta.

Tamén apunta a OMS que o tempo medio dunha ducha en España é de dez minutos, cun gasto de 200 litros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade