Cargando resultados...
O Lugo viaxa a Huesca coa dúbida de Chris Ramos
Hernán Pérez pon como reto non recibir goles ante o Huesca
Só o logrou en dous dos oito partidos que leva xogados esta temporada
G24.gal
06/10/2022 22:12
Última actualización 07/10/2022 17:36
O Lugo viaxa a Huesca coa dúbida de Chris Ramos. Chris Ramos lesinouse nun nocello en Eivissa despois de recibir varias patadas e adestrou esta semana a menos intensidade. Co paso dos días, foi a máis. Hernán Pérez confía na súa participación.
O adestrador albivermello volveu incidir en sala de prensa no que durante toda a semana dixeron os seus pupilos, a importancia de deixar a portería a cero:
"O noso problema é encaixar goles, temos que manter a porta a cero"
Enfronte atopará o Huesca de Cuco Ziganda que leva tres vitorias consecutivas no Alcoraz. Queren a cuarta para subir chanzos na clasificación.