O Lugo consegue un valioso empate no Toralín ante a Ponferradina (0-0)
Grande imaxe do equipo de Borja Fernández, que mereceu un mellor resultado
Kevin Presa e Mo Dauda tiveron as mellores ocasións dos lucenses na segunda metade
Na primeira metade os de Borja Fernández fixeron un partido moi serio. Co control do mesmo, sen sufrir en defensa e levando perigo á area berciana. Primeiro tras un centro xute de Chiqui, logo Berzal cun tiro afastado e finalmente Álex Gallar cun disparo que saíu rozando a pau da meta de Domínguez.
Na segunda metade non trocou o guión do partido. Control de partido dos de Borja Fernández que se facían acredores a un mellor resultado. Undabarrena salvou os locais evitando un tanto de Kevin Presa e Mo Dauda tivo a mellor ocasión para os albivermellos, pero o seu remate topou cunha man espectacular do meta dos de Ponferrada.
Nos últimos minutos un par de internadas por banda dereita dos de Nafti levaron a inquedanza á area de Embadje pero a zaga lucense soubo resolvelas para pechar un valioso punto na casa dun dos candidatos ao ascenso á Segunda División.