Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hai variedade de peixe e marisco, malia que o peixe sapo e o rodaballo escasean

Hai variedade de peixe e marisco, malia que o peixe sapo e o rodaballo escasean

O peixe encareceu uns cinco euros o quilo

Contra as catro da tarde o aviso pasa a laranxa, complicando a tarefa dos mariñeiros

G24.gal 29/02/2024 14:44

Hoxe os barcos saíron ao mar e iso reflíctese nos mercados. "Hoxe hai de todo", din na praza.

Hai variedade, pero dalgunhas especies como o rodaballo, o peixe sapo ou o linguado non hai moita cantidade. "E polbo, por exemplo, non hai. Hai de Portugal, pero non sei de que zona. Se é do norte está bo tamén".

Este xoves, o prezo do peixe subiu arredor de cinco euros o quilo, porque nos últimos catro días non houbo produto. "Non houbo porque cos temporais non saíron e agora somos moitos a mercar... e por iso sobe".

En canto ao marisco... Lumbrigantes, percebes, camaróns, centolas e cigalas enchen os postos. Porén a diferenza do peixe, non subiu de prezo. "Os percebes, por exemplo, dependendo da zona e do tamaño, oscilan entre os 70 e os 110 euros". "E o camarón entre os 60 e os 80 euros o quilo".

A imaxe da praza abastecida probablemente non se repita mañá. Porque contra as catro da tarde, o aviso amarelo que hai no litoral noroeste vai pasar a laranxa, con ondas de ata sete metros de altura, que lles van complicar a tarefa aos mariñeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade