Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hábitos saudables para que o alumnado afronte os exames de fin de curso

Hábitos saudables para que o alumnado afronte os exames de fin de curso

A saúde ocular e evitar a tensión e o cansazo, puntos fundamentais

G24.gal 01/06/2023 22:04

Alumnado de formación profesional, bacharelato e universidades vive inmerso nos exames finais e cada quen busca fórmulas para quitar proveito ao tempo de estudo. Son moitas horas cos cóbados enriba da mesa e por iso recomendan coidar a hixiene postural. 

Tamén a saúde ocular se pode resentir se os períodos de estudo son excesivamente prolongados e pola esixente concentración.

Manuel Sánchez Rubal, óptico-optometrista, aconsella ao estudantado: "Fixar un punto fixo, como pode ser o lombo dun libro, e logo comezar a estudar, e cando o consideren oportuno que levanten a mirada. Se ao erguer a mirada sigo a ver enfocado podo continuar estudando, pero a maioría das veces o que acontece é que comezamos a ver borroso e cando iso pasa o que hai que facer é descansar".

Hai solución para que a tensión ou o cansazo non se acumulen.

Olga Melero, responsable do estudo Spazio Pilates, recomenda: "Tombarse e facer respiracións profundas concentrándose en como entra e sae o aire do noso corpo. Deste xeito, lograremos relaxarnos". Propostas saudables para poder superar os exames aprobando en saúde.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos