Publicador de contidos

Publicador de contidos

España derrota a Xordania 3-1 a seis días da súa estrea no Mundial

España derrota a Xordania 3-1 a seis días da súa estrea no Mundial

Os de Luis Enrique gañaron con goles de Ansu Fati, de Gavi e de Nico Williams

Foto EFE
G24.gal 17/11/2022 18:11 Última actualización 17/11/2022 19:05

A selección española impúxose este xoves por 3-1 á de Xordania no seu último amigable antes do seu debut na Copa do Mundo grazas aos goles de Ansu Fati, Gavi e Nico Williams.

Ansu Fati, Marco Asensio e Gavi son vitaminas para Luis Enrique. España atopou tres futbolistas que poden ser clave no Mundial de Qatar. E de agasallo, Nico Williams, un revulsivo. Os catro driblan, vanse no un contra un. Son distintos. E comezan a mesturar ben. Boa noticia para a selección española durante o seu envite fronte a Xordania, a quen derrotou por 3-1 

É verdade que o rival era frouxo, ocupa a posición 84 no ranking FIFA, pero o amigable serviu para inxectar gasolina en xogadores que necesitan confianza. España deixou boas sensacións e detalles ilusionantes antes de aterrar en Doha. Sempre é interesante gañar antes de asomarse ao escaparate dun campionato do mundo. E de momento, este equipo emerxente, onde xuvenís como Ansu, Gavi e Nico Williams, cada un co seu estatus, elevan o fuste dun equipo que de entrada é ambicioso e non pon límites. Van con determinación loitar polo Mundial. Iso si, con máxima concentración defensiva. Un descoido, coma o deste xoves a última hora, pode cambiar o paso

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar