Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guindan laranxas contra os coches en Ourense

Guindan laranxas contra os coches en Ourense

Varios condutores denunciaron impactos contra os seus vehículos na céntrica avenida da Habana

G24.gal 14/04/2023 13:17

Esmagadas contra o asfalto polo tránsito constante de vehículos nesta arteria da cidade, aínda vemos algún resto de laranxa na Habana.

"Pasoume a min, na Habana, nesa esquina, ía no coche e tiráronme unha laranxa. Asustámonos moito, porque pensei que lle dera a algún canciño, pero non, era unha laranxa", explica unha afectada que non denunciou porque non tivo danos no vehículo.

As nosas preguntas xeran expectación na zona. A propia froiteira, que ten o negocio a poucos metros do lugar, non oculta o seu asombro:

"Claro, porque é unha froita cara, e ademais pode facerlle dano a un vehículo ou a un cidadán. A máis barata está a 0,99 e a máis cara a 2,50. Hai de mesa, de zume... hai variedade".

A zona onde ten pasado isto é na intersección de dúas céntricas rúas: Cardenal Quevedo e a concorrida avenida da Habana. Un cruzamento rodeado de edificios de vivendas de ata sete e oito pisos de altura. Difícil concretar a procedencia das laranxas.

Os casos denunciados aconteceron de madrugada, nas horas de menos tránsito e sen testemuñas na rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade