Cargando resultados...
Gravan unha quenlla na praia de Barra, en Cangas
Trátase dun tiburón peregrino, que pode acadar os 10 metros de longo
G24.gal
28/04/2022 21:12
O mariscador de Cangas Iago Cordeiro Avilés gravou nas últimas horas esta quenlla mentres andaba á ameixa fronte á praia de Barra. O escualo, duns dous metros, alimentábase tranquilamente sen alterarse pola presenza humana. É un tiburón peregrino, unha especie con fama de pacífica que pode chegar aos 10 metros de lonxitude e ás 4 toneladas de peso.