Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gómez Noya exerce de anfitrión da final das Series Mundiais en Pontevedra

Gómez Noya exerce de anfitrión da final das Series Mundiais en Pontevedra

O triatleta ferrolán e Kristian Blummenfelt, xuntos nun evento previo á Final das Series Mundiais: "Será unha das finais máis espectaculares dos últimos anos"

Gómez Noya e Blummenfelt, campión mundial e olímpico, esta tarde en Pontevedra
G24.gal 19/09/2023 21:09

Este venres comeza o espectáculo do triatlon na cidade do Lérez; a final das Series Mundiais. Esta tarde estivemos con Javi Gomez Noya. O pentacampión do mundo non competirá en Pontevedra e será espectador e anfitrión.

O mítimo triatleta ferrolán participou nun dos actos previos a gran cita da fin de semana xunto o actual campión olímpico e campión mundial, Kristian Blummenfelt. O ambiente xa se nota na cidade de Pontevedra. Gómez Noya agarda unha das finais máis espectaculares dos últimos anos porque o ano que vén hai cita olímpica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar