Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goleada plácida do Barcelona ao Young Boys (5-0)

Goleada plácida do Barcelona ao Young Boys (5-0)

Lewandowski, con dous goles, encamiñou o primeiro triunfo do equipo de Flick na Champions

G24.gal 01/10/2024 22:18 Última actualización 01/10/2024 22:49

Cando se aumentan equipos nunha competición como a Liga de Campións o que acontece é que aparece moito refugallo. Un deses conxuntos é o Young Boys de Suiza, un cadro que tería problemas para manterse na Primeira División en España. O Barcelona chegaba presionado á cita despois da derrota na xornada inaugural desta nova Champions diante do Mónaco. Non puido atopar un mellor rival para gustarse e acadar unha goleada que, ademais de tres puntos, dálle unha suculenta bagaxe de goles, un factor que pode ser importante na clasificación final. 

Lewandowski, con dous tantos, foi o estilete do Barcelona. Raphinha, Íñigo Martínez e Camará en propia porta marcaron tamén para completar un resultado moi cómodo para os de Flick (5-0). Un trámite que nos amosa que hai equipos moi xustos para competir nesta competición. E tamén chega con mirar a outros resultados desta xornada como o Dortmund-Celtic (7-1), Slovan-City (0-4) ou o Bayern-Dinamo Zagreb da primeira xornada (9-2) para comprobarmos que o formato ten lagoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos