Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goleada de España sub 21 no Anxo Carro ante San Marino (7-0)

Goleada de España sub 21 no Anxo Carro ante San Marino (7-0)

Os de David Gordo non teñen rival e golean con facilidade nun partido con pouca historia

España mantén o liderado no grupo clasificatorio para o próximo europeo

@SEFutbol @SEFutbol
G24.gal 14/11/2025 22:35

A selección española sub-21 cumpriu o trámite ante San Marino, nun partido plácido. España chegará cun pleno de triunfos ó choque do próximo martes contra Rumanía, que sufriu ante Finlandia a súa primera derrota.


O equipo de David Gordo coleccionou numerosas ocasións desde o inicio. Iker Bravo foi o primeiro en ameazar cun disparo cruzado que sacou Pietro Amici, o mellor do conxunto sanmarinense. Os futbolistas de San Marino multiplicábanse en defensa para evitar que España abrise a lata, obxectivo que logrou Jan Virgili no minuto 19 con un espectacular golpeo desde fóra da área.


España non baixou o ritmo e Amici evitou o segundo de Iker Bravo. Era un monólogo, co equipo nacional volcando o seu xogo cara á a banda esquerda, onde Rafa Obrador e Virgili creaban problemas as súas marcas.


A diferenza de nivel empurrou á selección española á relaxación. Pero nin iso impediu que, no último suspiro do primeiro tempo, Miguel Carvalho deixase resolto o choque cun potente disparo.Gordo moveu ficha no descanso. Peio Canales e Pablo García substituíron a Miguel Carvalho e Mayenda, respectivamente. O guión do partido non variou. España seguiu dominando e Virgili firmou o seu dobrete nada máis arrancar o segundo acto. Iker Bravo, Marc Guiu, Jesús Rodríguez e Pablo García, tras recoller o rexeite dun penalti que el mesmo fallara, pecharon a goleada española.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade