Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gazzaniga: "Temos mal sabor de boca. Queriamos gañar"

Gazzaniga: "Temos mal sabor de boca. Queriamos gañar"

O porteiro do Racing analiza o empate de Salamanca

G24.gal 07/05/2023 20:58

Tiña o conxunto ferrolán a oportunidade de durmir como líder en posto de ascenso directo a falta de tres xornadas, pero non puido pasar da igualada ante Unionistas. Foi un encontro marcado polos erros en ambas as porterías. Precisamente co porteiro Gazzaniga falou o Galicia en Goles.

"Temos mal sabor de boca porque queriamos gañar para reafirmarnos e aproveitar a oportunidade. Pero cada xornada é complicada. A primeira parte non tivemos balón pero eles tampouco fixeron algo máis. Na segunda o seu xogo era claro, pelotazo e segunda xogada. No gol que nos meten, tírome a polo balón porque non teño outra opción pero o rival pisa o ombreiro e quítame da xogada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar