Galicia usará drons para buscar persoas desaparecidas
Este sistema está pensado para localizar maiores con deterioración cognitiva en tempo récord para salvarlles a vida
A Axencia Galega de Emerxencias usará un sistema pioneiro de drons e intelixencia artificial para buscar persoas desaparecidas.
Este sistema está pensado para localizar maiores con deterioración cognitiva en tempo récord para salvarlles a vida.
O proxecto chámase Dronefinder e foi creado por Aeromedia, Indra e o Instituto Tecnolóxico Galego para a AXEGA, a Axencia Galega de Emerxencias, para dar resposta a un problema crecente polo avellentamento da poboación: a desaparición de persoas maiores.
A idea é poñerlle a esa poboación de risco unha pulseira para dar coas persoas que se perdan.
Os seus promotores explican que é un sistema pioneiro que combina drons e intelixencia artificial para localizar desaparecidos.
Segundo datos de SOS Desaparecidos, o 46 % dos maiores de 70 anos que se perden padecen alzhéimer.